Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Xeografía do Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A3 A6 A18 A19 A27 A30 B2 B3 B4 B6 C2 C3 C4 C5 Ao longo do curso realizaranse diferentes actividades interactivas, exercicios e/o traballos, incluíndo un traballo final sobre un destino concreto, onde se analizará a súa realidade xeográfica e turística.
5
Traballos tutelados A8 A18 A27 B1 B2 B3 B6 C1 C2 C3 C6 C7 Ao longo do curso realizaranse diferentes exercicios e/o traballos, relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a mellor comprensión de conceptos e retención da materia de estudo. Ademais, haberá que entregar un traballo final sobre un destino concreto, onde se analizará a súa realidade xeográfica e turística. No seu conxunto, as actividades realizadas durante o curso supoñerán un 40% da avaliación final. 30
Solución de problemas A1 A2 A5 A13 A30 B4 B6 C2 C3 C4 Ao longo do curso realizaranse diferentes actividades interactivas, exercicios e/o traballos, incluíndo un traballo final sobre un destino concreto, onde se analizará a súa realidade xeográfica e turística.
5
Proba obxectiva A1 A8 A9 A13 A19 A27 A31 A33 B2 B3 C1 C2 C3 C4 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de redacción, de discriminación, de completar e/o de asociación, xa sexa sobre preguntas de texto ou mapas. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas
60
 
Observacións avaliación

Para os alumnos con matrícula ordinaria as porcentaxes serán
de 60% para a proba obxectiva e de 40% para a presentación oral e ás lecturas.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC
segundo a súa normativa, poderá facer os traballos obrigatorios non
presenciais, e facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. Neste caso, o
exame, que será específico para estes alumnos, terá un valor do 80% da
cualificación, sempre que obtivesen un mínimo de 5 sobre 10 na parte práctica.

En todos os casos, para que as porcentaxes entren en
funcionamento é necesario obter polo menos un cinco (5) en cada unha das
partes. No caso de suspender unha delas a materia quedará suspensa e indicarase
como cualificación final a obtida na parte que non fose aprobada, xa sexa
Avaliación Continua ou Proba Obxectiva. No caso de producirse a entrega de
traballos, pero non acudir á realización da proba obxectiva, a cualificación
será de Non Presentado.

A avaliación será igual na primeira e na segunda
oportunidade

En caso de convocarse a oportunidade adiantada, a proba
obxectiva suporá o 100% da cualificación

Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas
distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar
a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista,
utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar
situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,
visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).
De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos
prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico,
coa Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa titora ADI
da Facultade de Turismo.

Implicacións da fraude académica na realización das probas
ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto
da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes