Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Inglés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Exame final escrito que consistirá en calquera combinación das seguintes tarefas:

Exercicios de vocabulario; comprensión lectora; tradución, descricións de gráficas e tendencias na industria turística; redacción; resumo.
60
Proba oral A13 A15 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 Parte 1:

Exposición oral do tema de gastronomía visto na clase (5%)

Parte 2:
Exposición dunha ruta pola cidade da Coruña e explicación dos seus principais monumentos, lugares de interese, historia e patrimonio natural e construído, etc. (5%)

10
Obradoiro A13 A15 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 Tarefas obxecto de avaliación continua:

Calquera combinación das seguintes tarefas escritas (15%):
Lecturas e exercicios de comprensión lectora; resumos; descricións de tendencias na industria turística e gráficas; descricións de destinos e/ ou atractivos turísticos; exercicios de Use of English.

Calquera combinación das seguintes tarefas orais (15%):
Descrición de gráficas / tendencias na industria turística/
Descrición de pratos típicos, preguntas sobre gastronomía, festivais e feiras gastronómicas.
Descrición dun destino turístico e os seus monumentos.
Comentario sobre a industria turística e a súa estrutura
30
 
Observacións avaliación

Todosos/as estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clasespresenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súaimplicación na adquisición e asimilación dos contidos.

1ª OPORTUNIDADE

Os/as estudantes DEBEN aprobar (50%) todas as seccións de avaliación (proba obxectiva, obradoiro e a proba oral) para superar a materia. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10.

DISPENSA ACADÉMICA

O/A alumno/a que teña dispensa académica recoñecida será evaluado/a seguindo as mesmas indicaciones que figuran no apartado da primeira oportunidade. O/A alumno/a terá que poñerse en contacto co/coa profesor/a tan pronto como teña concedida a dispensa.

2ª OPORTUNIDADE

O mesmo método de avaliación aplícase para a segunda oportunidade. Polo tanto, os/as estudantes deberán recuperar aqueles apartados da materia nos que non obtivesen unha cualificación de aprobado ou aos que non se presentaron.

Isto será válido SO para as dúas oportunidades correspondentes ao presente ano académico.

Os/as alumnos da oportunidade adiantada terán que realizar un exame escrito (60%) e unha proba oral (40%).

CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO

Só se obterá cualificación de NON PRESENTADO/A se non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia.

Implicacións
da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación:
 a
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a
estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á
diversidade:
 a
materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de
aprendizaxe ou relacioada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar,
nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre
académico, cos servizos dispoñíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Perspectivade Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectivade
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos
e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
derespecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para correxilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes