Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Inglés
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Primeiro Idioma Moderno I: Inglés/662G01015
Primeiro Idioma Moderno II: Inglés/662G01028
Inglés no Contorno Profesional/662G01045

Observacións

Os estudantes DEBEN aprobar (50%) todas e cada unha das seccións de avaliación (proba obxectiva (60% da nota), obradoiro (30% da nota) e as dúas seccións da proba oral (10% da nota) para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. 

Segunda oportunidade: Na segunda oportunidade os alumnos serán avaliados do seguinte xeito: 60% exame escrito, 30% exame oral e 10% traballos de avaliación continua dos temas do curso. Se os alumnos superaron algunha destas partes, ben sexa o exame escrito, os traballos do curso ou a parte oral na primeira oportunidade, as súas notas manteranse na segunda oportunidade. 

Os estudantes deberán recuperar aqueles apartados da materia nos que non obtivesen unha cualificación de aprobado ou aqueles aos que non se presentaron. 

Isto é válido  para as dúas oportunidades correspondentes ao presente curso académico.

Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO se non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia. 

 No caso da convocatoria adiantada, os estudantes deben realizar un exame escrito (60%) e unha proba oral (40%).

Honradez académica

Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no exame final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automaticamente suspenso, independentemente da nota do exame e outras probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario”.

Atención á diversidade

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo no seguinte enderezo electrónico: sarah.moss@udc.es

Regulamento disciplinar do estudantado da UDC Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Perspectiva de xénero

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

*Os obxectivos de aprendizaxe deste módulo enmárcanse nun nivel B2 dentro da escala descrita no Marco común europeo de referencia para as linguas. 

Recoméndaselles aos estudantes que esta materia está enfocada a ensinar inglés con fins específicos e, polo tanto, NON é un curso de inglés xeral. 
Por outra banda, os estudantes tamén deben lembrar que estudar unha lingua require perseveranza e continuidade ao longo do tempo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes