Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Informática de Xestión e do coñecemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Exame teórico sobre os contidos do módulo de Fundamentos da Informática no que poderán combinarse distintos tipos de preguntas: resposta múltiple, verdadeiro/falso e resposta breve. 30
Traballos tutelados A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación dunha serie de tres traballos relacionados cos contidos prácticos da materia.
As instrucións e os criterios de avaliación estarán a disposición do alumnado no campus virtual.

Ponderación dos traballos tutelados:
- Procesador de textos: Word (25%)
- Edición imaxe (25%)
- Edición vídeo (25%)
- Edición de audio (25%)

Os traballos non realizadas teranse que repetir na segunda oportunidade, independentemente da media obtida.
40
Proba práctica A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A parte práctica da materia será avaliada mediante a realización dun exame final, integrado por exercicios dos módulos adicados ás competencias tecnolóxicas (Word, edición de imaxe, edición de vídeo e edición de audio).
30
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

A cualificación final da materia obterase da ponderación das 3 partes xa mentadas: traballos tutelados (40%), proba práctica (30%), proba obxectiva (30%).

Aquela parte que teña unha cualificación inferior a 4 puntos deberán ser repetida na segunda oportunidade, independentemente da media obtida (de darse esta situación, e se a media é superior a 5, a cualificación final constará como 4,5).

Terán a cualificación de Non presentado os alumnos que non fagan os traballos tutelados e a proba obxectiva.

Segunda oportunidade

O alumno/a quedará liberado das partes xa superadas na primeira oportunidade, tan só terá que repetir as partes indicadas polo profesor no seu momento.

Terán a cualificación de Non presentado os alumnos/as que non fagan ningunha das partes pendentes.


Convocatoria adiantada

A avaliación na convocatoria adiantada consistirá nun exame teórico-práctico do temario da materia. O alumnado deberá poñerse en contacto co docente para acordar con exactitude os contidos e criterios da devandita proba.


Copia e/ou plaxio:

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes