Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Introdución ao Turismo
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As clases en liña serán asíncronas. Facilitarase ó estudantado vía moodle os contidos de cada uns dos temas en formato pdf e en formato de arquivo audiovisual para o estudo de modo autónomo. Estas clases veranse complementadas coa posibilidade para o alumnado de solicitar titorías personalizadas nas que o profesor procederá tratar, as posibles dúbidas que puidesen xurdir nas sesións maxistrais, análises de fontes documentais, traballos tutelados, proba mixta ou calquera outro aspecto relacionado que materia.

Os estudantes serán atendidos a través de Microsort Teams, Moodle e correo electrónico resolvéndose mediante estas canles as posibles dúbidas que poidan xurdir. A forma e o momento nos que se realizará será especificado ao longo do desenvolvemento da materia en función das necesidades do alumnado coa posibilidade por parte do profesor de realizar titorías en grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes