Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Introdución ao Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A4 A5 A6 A7 A8 A19 A23 A27 B1 B2 B4 B5 B7 C4 C5 C6 C8 Participación en foros, discusións e outras actividades colaborativas propostas 10
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A27 B1 B2 B4 C1 C4 C6 C8 Consistirá na realización, na data oficialmente establecida, dunha proba mixta (que podrá ser oral ou escrita, a criterio do profesor/a) que integra proba de ensaio e preguntas obxectivas.
En canto a proba de ensaio, recolle a análise dun texto relacionado co traballado durante a materia . En canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación
60
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A14 A19 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Durante o curso, establecerase a realización de tantos exercicios como o profesor/a considere oportunos, que se entregarán vía Moodle oun correo electrónico (según o profesor indique en cada caso) e que poderán tratar sobre documentos relevantes para a temática da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. A final de curso realizarase a exposición oral dun traballo (a parte escrita entregarse vía correo electrónico ó profesor e a parte oral, que non poderá superar os 20 minutos, entregarase adxuntando na parte escrita un enlace a un vídeo pregravado polo alumno/a) sobre un caso ou tema aprobado polo profesor/a con no que se relacionarán os temas aprendidos ao longo da materia (ao comezo das clases daranse as pautas necesarias para a súa realización).
Na avaliación continua teranse en conta igualmente aqueles traballos realizados durante o curso e para os que o profesor/a houbese indicado que son avaliables -como comentarios, exercicios ou procuras propostas polo profesor/a, charlas recibidas, experiencias de campo, tarefas desenvolvidas, etc.; sempre explicando a súa conexión coa materia.
20
Solución de problemas A1 A5 A7 A8 A14 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B6 C3 C6 C7 C8 Resolución de problemas expostos en Moodle como complemento ás clases, para asegurar a comprensión de conceptos 10
 
Observacións avaliación

As clases do grado online realizaranse de xeito asíncrono. Para isto o profesor/a engadirá todo o material necesario en Moodle. O alumnado do grao online deberá visualizar semanalmente as clases maxistrais e interactivas gravadas e consultar os materiais engadidos na plataforma Moodle; reservándose os horarios asignados a esta materia e establecidos no calendario escolar para aclarar todas posibles dúbidas ou consultas sobre a materia e para tutorizar os traballos a realizar; sempre suxeito a solicitude por parte do alumnado. Valorarase a participación nos foros propostos e a asistencia a titorías individualizadas.

A cualificación final derívase de dous partes: Avaliación Continua, onde se valora o traballo realizado ao longo do curso, e Proba ou Exame Final

Para poder facer o cómputo final, é necesario superar polo menos o 50% da cualificación en cada unha das 2 partes anteriormente descritas (avaliación continua e proba final).

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.

Tanto en primeira como en segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación.

A convocatoria adiantada consistirá nunha proba mixta (que poderá ser oral ou escrita, a criterio do profesor/a) que se realizará na data oficialmente establecida e que computará o 100% da materia.

O traballo será presentado e defendido  tanto por escrito como en formato on line, mentres que a proba mixta haberá de realizarse de forma presencial.

Os únicos utensilios cos que está permitido acceder ó recinto da proba nos que se realice a proba mixta final son os básicos para contestar ó exame: lápiz, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ó recinto do exame con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de información; b) apuntes, anotacións, libros ou material similar que no fose expresamente autorizado na convocatoria do exame o una páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta normasupón que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independenciade que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os empregase ou non no curso desta.

O alumno/a deberá acreditar a súa persoalidade de acordo coa normativa vixente.

______________________________________________________________________________________________________________

As datas, horarios e lugar de realización
das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o
curso 2023-2024 e documentación concordante. As cualificacións publicaranse na
plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade da Coruña con acceso
limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. De ser
necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de
avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no
mesmo soporte telemático.





_____________________________________________________________________________________________________________

HONRADEZ ACADÉMICA

Considerarase que se comenten prácticas ilícitas cando un alumno/a actúa para defraudar ou tratar de defraudar ós sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para a realización de traballos.  

Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán calificados con un 0. 

Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no exame final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automaticamente suspenso, independentemente da nota do exame e outras probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario”.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, co titor ou titora ADI da Facultade de Turismo.

REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UDC (Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

PERSPECTIVA DE XÉNERO

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes