Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Intermediación Turística e Transporte II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Realizaranse distintos traballos tutelados relacionados co contido da materia durante todo o curso.
Para valorar a asistencia ás clases, os devanditos traballos poden ser realizados en calquera día, hora e non necesitan de aviso previo ao alumnado.
Proba mixta o final do cuadrimestre celebrarase de maneira presencial unha proba escrita de contido teórico-práctico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado.
O exame será unha proba mixta con preguntas tipo test, preguntas de verdadeiro ou falso e preguntas curtas e un apartado de preguntas de desenvolvemento.
Foro virtual Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema relacionado coa materia e proposto polo docente. Desenvolverase a través do Moodle mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).
Prácticas clínicas Trátase dun proceso institucional que deberá ter lugar nunha empresa de Intermediación Turística na que o alumnado observará e participará en actividades clínicas reales para proporcionarlle a oportunidade de aplicar feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da profesión.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes