Guía DocenteCurso Facultade de Turismo |
Grao en Turismo |
Asignaturas |
As TIC Aplicadas ao Turismo |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | As TIC Aplicadas ao Turismo | Código | 662G01023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Avaliación dunha serie de prácticas sobre o contido da materia. | 10 |
Proba obxectiva | A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | A proba obxectiva consistirá na resolución de varias cuestións do módulo correspondente á aplicación GDS. Esta proba poderá combinar distintos tipos de preguntas: resposta múltiple, verdadeiro/falso, completar e resposta breve. |
25 |
Traballos tutelados | A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Realización dun informe sobre a reputación online dun hotel, cuxos criterios de avaliación poderán ser consultados na plataforma Moodle. |
25 |
Proba práctica | A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Avaliación dunha serie de probas ou exames do contido eminentemente práctico da materia. As probas prácticas non realizadas teranse que repetir na segunda oportunidade, independentemente da media obtida. |
40 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidadeA cualificación final da materia obterase da ponderación das 4 partes xa mentadas: Probas prácticas (40%), Proba obxectiva (25%), Traballos tutelados (25%) e Prácticas a través de TIC (10%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 4 puntos deberán ser repetidas na segunda oportunidade, independentemente da media obtida (de darse esta situación, e se a media é superior a 5, a cualificación final constará como 4,5). Terá a cualificación de Non presentado o alumnado que non faga o traballo tutelado e ningunha das probas prácticas e obxectiva. Segunda oportunidadeO alumno/a quedará liberado das partes xa superadas na primeira oportunidade, tan só terá que repetir as partes indicadas polo profesor no seu momento. No caso de ter que repetir as probas prácticas, farase un único exame dos devanditos contidos. Terán a cualificación de Non presentado os alumnos/as que non fagan ningunha das partes pendentes. Convocatoria adiantada A avaliación na convocatoria adiantada consistirá nun exame teórico-práctico do temario da materia. O alumnado deberá poñerse en contacto co docente para acordar con exactitude os contidos e criterios da devandita proba. Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, segundo estabelece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3. b e 4.5) (29/5/212):
Copia e/ou plaxio: Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Artigo 14 das Normas |
|