Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  As TIC Aplicadas ao Turismo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas nas que o profesor fará unha introdución de cada un dos distintos temas dos que consta o programa, amosando os aspectos máis relevantes que o alumnado debe ter en conta coa finalidade de preparar as probas obxectiva e práctica.
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre o alumnado deberá facer un traballo cuxos criterios e contidos estarán a disposición do alumnado no Campus virtual.
Aínda que este traballo deberá ser desenvolvido mediante o traballo autónomo do alumnado, o profesor dará nas sesións en liña as explicacións oportunas dos obxectivos e criterios de avaliación e, así mesmo, proporcionará a pertinente atención personalizada.
Prácticas a través de TIC O alumnado deberá resolver, mediante a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación, exercicios vinculados ás diferentes competencias tecnolóxicas propostas no temario.
Proba práctica Ao remate do cuadrimestre o alumnado terá que realizar unha proba práctica na que se avaliarán os temas correspondentes á parte de Ofimática.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva dos contidos teóricos da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes