Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O/A alumno/a deberá obter no exame unha calificación mínima de 5 (sobre 10), non podendo, en ningún caso, ter unha cualificación inferior a 4 nalgunha das partes. No caso de obter unha cualificación por baixo de 4 nalgunha das partes, esta será a cualificación final da proba mixta. 60
Traballos tutelados A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O traballo forma parte da avaliación continua.

Aspectos avaliables: capacidade de síntesis, procura de información documental, elaboración do informe final seguindo as fases metodolóxicas, análise e interpretación e conclusións.
20
Análise de fontes documentais A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Forma parte da avaliación continua.

Aspectos avaliables: capacidade de síntesis, procura de información documental e reflexión persoal sobre o tema.
10
Aprendizaxe colaborativa A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de tarefas obrigatorias colaborativas nalgúns temas, cuxa participación activa e aproveitamento será avaliada polo/a profesor/a. Estas tarefas forman parte da avaliación continua.

Aspectos avaliables: participación activa, capacidade de síntesis, procura de información, capacidade de colaboración activa, capacidade de comunicación bidireccional e reflexión crítica.
10
 
Observacións avaliación

1ª Oportunidade: a parte práctica da avaliación continua ten un valor dun 40%, a parte teórica (exame) ten un valor dun 60%. 

Os traballos tutelados, análise de fontes documentais e aprendizaxe colaborativa son traballos obrigatorios para a avaliación continua (40%) e o/a alumno/a terá que obter un mínimo dun 5 (sobre 10), entre as tres metodoloxías, para facer media co exame (60%), no cal tamén deberá obter un mínimo de 5 (sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes.

2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso na 1ª oportunidade, o/a alumno/a deberá entregar todos os traballos obrigatorios requiridos para tentar superar a materia na 2ª oportunidade. No caso do/s traballo/s de grupo, deberá facelo de forma individual.

A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as  seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co o/a profesor/a antes de presentarse ao exame.

No caso de que non se supere unha das partes da materia, xa sexa na 1ª ou 2ª oportunidade, a cualficación final da mesma será dun máximo de 4.

O/A alumno/a obterá a cualificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). 

Convocatoria adiantada: séguense os mesmos criterios que para a avaliación de 1ª ou 2ª oportunidade, polo que o/a alumno/a deberá poñerse en contacto co/a profesor/a con suficiente antelación para establecer os traballos a realizar de forma individual e as datas de entrega.

Dispensa Académica: o alumnado con recoñecimento de dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, deberá facer os traballos obrigatorios, e facelos chegar ao/á profesor/a para a súa avaliación nas datas que se establezcan, polo que é importante que se poña en contacto co/coa profesor/a con suficiente antelación.

Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización.

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes