Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Xestión Pública do Turismo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao longo do curso o/a alumno/a terá que realizar un traballo sobre un destino onde se analizará a realidade xeográfica e turística do mesmo. Farase un seguimento e control do traballo tutelado.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa
Presentación oral O/a alumno/a deberá realizar presentacións de traballos, debates ou presentar relatores de forma oral
Sesión maxistral O profesor exporá os conceptos teórico-prácticos contidos no programa da materia realizando preguntas para favorecer a intervención dos/as alumnos/as.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes