Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Xestión Pública do Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A35 A34 A33 A32 A29 A28 A27 A25 A23 A19 A18 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O/a alumno/a deberá realizar presentacións de traballos, debates ou presentar relatores de forma oral 20
Proba obxectiva A35 A34 A33 A32 A29 A28 A27 A25 A23 A19 A18 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A fin do curso farase unha proba obxectiva na que se recollerñán os conceptos teóricos explicados durante o curso 60
Traballos tutelados A35 A34 A33 A33 A32 A32 A29 A28 A28 A27 A27 A25 A25 A24 A23 A19 A19 A18 A18 A14 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A8 A7 A5 A5 A4 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Ao largo do curso o/a alumno/a deberá realizar un traballo sobre un destino donde se analizará a realidade xeográfica e turística do mismo. Farase seguimento e control do traballo tutelado. 20
 
Observacións avaliación

Para os alumnos con matrícula ordinaria as porcentaxes serán
de 60% para a proba obxectiva e de 40% para a presentación oral e ás lecturas.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC
segundo a súa normativa, poderá facer os traballos obrigatorios non
presenciais, e facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. Neste caso, o
exame, que será específico para estes alumnos, terá un valor do 80% da
cualificación, sempre que obtivesen un mínimo de 5 sobre 10 na parte práctica.

En todos os casos, para que as porcentaxes entren en
funcionamento é necesario obter polo menos un cinco (5) en cada unha das
partes. No caso de suspender unha delas a materia quedará suspensa e indicarase
como cualificación final a obtida na parte que non fose aprobada, xa sexa
Avaliación Continua ou Proba Obxectiva. No caso de producirse a entrega de
traballos, pero non acudir á realización da proba obxectiva, a cualificación
será de Non Presentado.

A avaliación será igual na primeira e na segunda
oportunidade

En caso de convocarse a oportunidade adiantada, a proba
obxectiva suporá o 100% da cualificación

Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas
distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar
a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista,
utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar
situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,
visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).
De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos
prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico,
coa Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa titora ADI
da Facultade de Turismo.

Implicacións da fraude académica na realización das probas
ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto
da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes