Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Xestión de Calidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 B6 B7 C1 C2 C3 Ao longo do curso, a través da aula virtual, indicaranse diferentes actividades ou traballos a realizar para a mellor comprensión e adquisición de conceptos. Estes traballos poderán ser sincrónicos ou asincrónicos. Na súa valoración terase en conta: a exposición ou redacción, a capacidade de síntese, a capacidade de análise, a achega persoal, a coordinación con compañeiros, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. 20
Solución de problemas A18 A19 A32 B1 B3 B4 C4 C6 Conxunto de probas prácticas realizadas ao longo do curso. 10
Proba obxectiva A6 A18 A19 B1 B2 B3 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 60
Seminario A6 A19 A32 A35 B1 B2 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Intervencións realizadas en foros, participación en acción tutorial e como participación en traballos de grupo 10
 
Observacións avaliación

A cualificación final derívase de dous partes: Avaliación Continua, onde se valora o traballo realizado ao longo do curso, xa sexan actividades sincrónicas ou exercicios e traballos non sincrónicos, e Proba obxectiva ou Exame Final.

Para poder facer o cómputo final, é necesario superar polo menos o 50% da cualificación en cada unha das 2 partes anteriormente descritas (avaliación continua e proba final).

En caso de non alcanzar a cualificación mínima de 5 nalgunha das partes, indicarase como cualificación final a cualificación obtida na parte que non sexa aprobada, xa sexa Avaliación Continua ou Proba Final.

Cualificación de Non Presentado: O alumnado que non se presente á proba final (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun "NP" (Non Presentado), aínda no caso de realizar, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.

Segunda Oportunidade: A avaliación será similar na primeira e na segunda oportunidade. A recuperación da Presentación oral realizarase o día previsto para a proba obxectiva, sempre que sexa posible. 

convocatoria adiantada: A proba obxectiva suporá o 100% da cualificación.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica: O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC segundo a súa normativa, poderá facer os traballos obrigatorios en formato non presencial, e facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. No caso de que non poidan realizar ou expor o traballo, acordará coa profesora as datas de exposición que lles conveñan, podendo buscar alternativas a traballos de grupo para garantir a súa avaliación.

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes