Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Galicia Como Destino Turístico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A18 A23 A25 A27 A28 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Elexirase entre esta metodoloxía e a de aprendizaxe-servizo, como se explica no partado referido a ela. (abaixo)
20
Presentación oral A8 A13 A23 A33 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C5 As presentacións centraranse en temas propostos polos docentes a partir dos contidos da da materia. 20
Proba mixta A8 A18 A23 A25 A27 A28 B1 B2 B4 B6 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Trátase dunha proba que pode combinar as preguntas discriminatorias, coas de desenvolvemento de temas. 60
 
Observacións avaliación

As persoas que, por unha causa xustificada, non podan asistir o día indicado para a súa presentación oral terán que acordar coa profesora outra data. 

Todas as partes teñen que ser superadas ao menos nun 50% para poder facer o cómputo final.  O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa calificación obtida na parte suspensa, ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. 

As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. 

Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade.

O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, só terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Está prohibido acceder ó aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/u almacenamento de información.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguirán o mesmo sistema que o alumnado presencial, pero deberán realizar dous traballos propostos pola profesora (en lugar de un). Ademais, deberá porse en contacto con ela para  realizar aomenos dúas titorías on line ao longo do cuadrimestre.

O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que falte para poder facer o cómputo final. 
Pódese dar o caso de que unha persoa suspenda algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado. Nese caso a nota será un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%.

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes