A avaliación será igual en ambas oportunidades.
Ao tratarse habitualmente dun número de estudantes moi reducido, a proba mixta resulta na maioría dos casos innecesaria, xa que é moi doado seguir a evolución dos estudantes na avaliación continua.
Se a nota media dos traballos é igual ou superior a 5, esa será a cualificación final.
Se a media dos traballos non alcanza o aprobado, realizarase un exame e a nota final será:
40%exame - 60% media dos traballos
Importante: Sen entregar ningún traballo, non será posible aprobar a materia.
O alumnado que teña algún tipo de excepcionalidade para asistir a clase legalmente concedida, que fale co profesorado a comezos de curso para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes. A avaliación continua poderá realizarse online.
**A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto lla comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario