Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Planificación e Xestión de Unidades de Información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A7 A8 B1 B3 B4 B5 B7 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C14 C15 C16 C17 C18 Avalíanse o número de erros e acertos da proba. No caso das preguntas de resposta breve ademáis os contidos das mesmas: a adecuación ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
O alumnado pode e debe empregar e revisar toda a documentación relacionada cos temas da materia para dar resposta ás preguntas da proba. Tempo de realización: 40 minutos.
100
 
Observacións avaliación
-Primeira e segunda oportunidade: mesma metodoloxía de avaliación.

-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención na clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes