Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Fundamentos de Economía: Industria da Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A2 A7 B5 B6 B7 C7 C8 Esta actividade forma parte da avaliación continua. Valoraranse os coñecementos e habilidades amosadas polo alumnado no desenvolvemento dun traballo tutelado en pequenos grupos para a avaliación do cuarto módulo do programa. 30
Proba obxectiva B1 B2 B3 B4 B5 Valoraranse os coñecementos e competencias mostradas polo alumnado no exame final proposto polo equipo docente. 40
Proba de resposta múltiple B1 B2 B3 B4 B5 Esta actividade forma parte da avaliación continua. Valoraranse os coñecementos e habilidades amosadas polo alumnado na realización de probas obxectivas (parciais) dos tres primeiros módulos do programa, cunha puntuación máxima de 3 puntos. 30
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación son os seguintes:

1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participen en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da calificación acadada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada:

a) Segunda oportunidade: As condicións de avaliación da segunda oportunidade (artigo 18, apartado 5, das Normasde Avaliación, Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grao e Mestrado) dictaminan que a segunda oportunidade deber garantir a posibilidade de superación da materia polo estudante, polo que compre modificar as porcentaxes de calificación respecto da primeira oportunidade. Así mesmo, a actividade da segunda oportunidade consistirá nun único exame final que representará o 100% da nota final e que se realizará na data do calendario oficial. Neste exame final:

a) O traballo tutelado (aprendizaxe colaborativa) da primeira oportunidade será substituído por unha pregunta de redacción para avaliar o cuarto módulo do temario.

b) Os exames parciais (proba de resposta múltiple) e o exame final (proba obxectiva) da primeira oportunidade serán substituídos por un exame obxectivo para avaliar os tres primeiros módulos do temario.

Alternativamente, na segunda oportunidade, o alumno poderá conservar as cualificacións obtidas na avaliación continua da primeira oportunidade (cunha ponderación do 30% na nota final) e, neste caso, o exame final da segunda oportunidade representará a restante 70%.

b) Oportunidade adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (artigo 19 das Normas de Avaliación,Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba obxectiva que representará o 100% da calificación final.

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba obxectiva cun peso do 100% sobre a calificación final. Consistirá nunha proba obxectiva na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame concualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

5. Identificación do estudante: O alumno deberá demostrar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Outras observacións de avaliación. Sobre mínimos nos criterios de avaliación: no conxunto, o estudante deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia.

Sobre copias, plaxios ou outras faltas: afectará á convocatoria na que se comete a falta e respecto do asunto en que se cometeu. Polo tanto, o alumno ou alumna será cualificada con "suspenso" (nota numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto se a infracción se comete na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, modificarase a súa valoración no informe de primeira oportunidade, se é necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes