Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 Avaliación do informe escrito e exposición oral do traballo en grupo proposto.

Esta avaliación realizarase tendo en conta criterios como o dominio de contidos específicos, a expresión escrita e a presentación formal, o manexo da información, a claridade da presentación e da presentación...
20
Proba mixta A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C8 C9 Examen parcial (15%) e examen final (15%) dos contidos da materia.

O exame parcial terá un carácter voluntario, polo que o alumnado que decida non presentarse a este, deberá presentarse ao exame final, que terá un peso do 30% na nota final da materia. Igual condición rexe para o alumnado que suspenda o exame parcial.
30
Estudo de casos A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 Avaliación dos casos propostos polo profesorado para a súa resolución individual ou en grupo. 10
Sesión maxistral A3 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 Valorarase a asistencia e participación activas nas sesións maxistrais e nas actividades realizadas nas sesións interactivas (exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades, resposta a preguntas formuladas...). Poderán tamén realizarse pequenos cuestionarios, sen necesidade de previo aviso, sobre os contidos vistos ao remate dalgunha das sesións expositivas.
10
Prácticas a través de TIC A9 A13 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 As prácticas a través de TIC basearanse na realización dunha práctica/exame parcial (15%) e dunha práctica/exame final (15%) que cubrirán diferentes aspectos das prácticas a través de TIC realizadas na aula.

A práctica/exame terá un carácter voluntario, polo que o alumnado que decida non presentarse a este, deberá presentarse á práctica/exame final, que terá un peso do 30% na nota final da materia. Igual condición rexe para o alumnado que suspenda o exame parcial.
30
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Segunda oportunidade

Para
poder aprobar a materia, tanto na primera como na segunda oportunidade
de avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10
na parte de proba mixta, nas prácticas a través de TIC e no traballo
tutelado. En caso de non cumprirse este requisito, a cualificación final
será de "Suspenso", aínda cando a nota media de todas as actividades a
avaliar outorgase unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Naquelas metodoloxías nas que se diferencie entre práctica/exame parcial
e final, se un alumno/para aproba o primeiro exame/práctica parcial,
pero suspende (cunha nota inferior a 4 sobre 10) o segundo
exame/práctica parcial, só terá que volver presentarse á segunda parte
na segunda oportunidade, e conservaráselle a nota do primeiro
exame/práctica parcial.

Se
un/a alumno/a que ten liberada unha parte da materia non consegue
aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da
primera e segunda oportunidade, a súa cualificación final será de
"Suspenso". No seguinte curso académico, o/a alumno/a poderá gardar a
nota daquelas probas que ten superadas (sempre e cando obtivese unha
puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10), se así o desexa, e
sempre e cando informe ao profesorado da súa decisión nas dúas primeiras
semanas de clase. Esta condición solo rexerá durante o curso académico
seguinte; a partires de aí, non se gardará ningunha nota.

Convocatoria adiantada

Se
houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de
decembro (Art. 19 "Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificaciones dos estudios de grado e mestrado universitario"), dado
que esta materia ten un carácter anual, o alumnado que se presente a
esta convocatoria únicamente deberá realizar a proba mixta (40% da
nota), a práctica a través de TIC (40% da nota) e o traballo tutelado
(20% da nota). O traballo tutelado deberá realizarse de xeito
individual.

Para poder superar a materia, será preciso obter unha
cualificación final igual ou superior a 5 puntos sobre 10, sempre e
cando o alumnado obtivese unha puntuación igual ou superior a 4 sobre 10
en cada unha das metodoloxías sometidas a avaliación. 

Cualificación '"Non presentado"

Será
cualificado con "Non Presentado" o alumnado que non asista ao exame
final que terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames
da facultade. Este criterio aplicará tanto na primeira como na segunda
oportunidade de avaliación, así como na convocatoria adiantada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a
súa situación ao profesorado da materia, á fin de establecer un plan e
calendario de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba
mixta (40%), prácticas a través de TIC (40%) e traballos tutelados (20%). O traballo tutelado deberá realizarse en grupo.

Información adicional

De acordo co artigo 11, apartado 4 b) do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, o comportamento fraudulento en cualquera dos apartados sometidos a avaliación suporá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final tanto na primeira como na segunda oportunidade e independentemente da oportunidade na que se cometese a falta.

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes