Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas contables e financeiros tratados no programa. En ocasións especiais, conferencias impartidas por expertos en temas da materia.
Discusión dirixida Preparación dos temas formulados polo docente e participación na discusión dos mesmos.
Solución de problemas Resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos, a partir dos coñecementos que se traballaron mediante sesión maxistral e discusión dirixida. Traballo realizado tanto na aula como fora dela, tanto individual como en grupo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover o traballo en equipo e a aprendizaxe autónoma, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e/ou profesionais e/ou COIL - Aprendizaxe Internacional Colaborativa en Línea).
Foro virtual Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia.
Proba obxectiva Exame parcial e exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes