Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 Avaliación continua dos exercicios e casos prácticos propostos para a súa resolución. 30
Traballos tutelados A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 Avaliación continua dos traballos realizados en equipo, que poderán ser presentados e/ou debatidos oralmente. 20
Proba obxectiva A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C9 C2 As probas obxectivas valorarán aspectos teóricos e prácticos. En cada proba, é requisito imprescindible obter unha NOTA MÍNIMA de 4 sobre 10 na parte de finanzas e na parte de contabilidade. De non cumprirse este requisito, independentemente da nota de avaliación continua, a cualificación recollida na acta será a nota da parte que non supera o límite mínimo de 4 sobre 10.

AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
No primeiro cuadrimestre, no día e hora fixados polo docente, realizarase o primeiro exame parcial que suporá o 25% da cualificación final.

A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase:
(i) o segundo exame parcial para o alumnado que acadou a nota mínima esixida no primeiro exame parcial. O segundo exame parcial suporá o 25% da cualificación final.
(ii) o exame final global para o alumnado que non acadou a nota mínima esixida no primeiro exame parcial e para o alumnado que renuncie á cualificación obtida no primeiro exame parcial, sendo necesarias a notificación previa por escrito e a autorización do docente. O exame final global suporá o 50% da cualificación final.

AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final global. O exame final global suporá o 50% da cualificación final.
50
 
Observacións avaliación

TODA A COMUNICACIÓN E DOCUMENTACIÓN SERÁ EN INGLÉS


A “solución de problemas” e os “traballos tutelados” forman a avaliación continua. Cando a avaliación continua agrégase nunha única proba oral, esta valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia; o estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas.

Avaliación da segunda oportunidade

Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción do alumnado que exprese a súa intención de participar nun novo proceso de avaliación continua. Neste caso:

a) É imprescindible enviar un correo electrónico ao equipo docente, antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, indicando a súa renuncia á cualificación previamente obtida nestas metodoloxías, e recibir a correspondente autorización.

b) A avaliación continua agrégase nunha única proba oral a realizar na mesma data do exame da segunda oportunidade. 

Convocatoria adiantada

Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción da avaliación continua: agrégase nunha única proba oral a realizar na mesma data do exame da oportunidade de avaliación adiantada.

Cualificación de non presentado.

Considerarase como “Non presentado” (NP) ao alumnado que:

a) non se presente á proba do período oficial de avaliación, ou

b) só participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. 

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia 

Dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao equipo docente antes do 30 de setembro. Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción da avaliación continua: agrégase nunha única proba oral a realizar na mesma data do exame do período oficial de avaliación. Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.

Quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual

O docente pode requirir a posterior defensa oral, parcial ou total, das actividades entregadas e avaliadas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda (procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes