Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Eventos científicos e/ou divulgativos Para familiarizarse cos estudos de caso presentados por profesionais da materia, os estudantes tamén deben asistir a actividades prácticas complementarias (conferencias, seminarios, talleres, etc.). Deberían reflexionar sobre o contido e producir unha análise, que será sometida a avaliación.
Lecturas Para complementar as conferencias, facilitaranse análises, textos e lecturas e / ou tarefas prácticas baseadas nunha variedade de temas. Os estudantes deben traballar en grupo para responder a preguntas establecidas.
Proba de resposta múltiple Proba individual ou proba de elección múltiple. Cada resposta incorrecta diminuirá a puntuación da proba.
Sesión maxistral Os contidos do programa teórico da materia presentaranse en sesións maxistrais, normalmente coa axuda de medios audiovisuais. As diapositivas utilizadas poranse a disposicón dos estudantes. O profesor supervisará a asistencia á sesión. A asistencia regular é unha obriga no procedemento de avaliación.
Presentación oral Nas sesións interactivas, os estudantes aplicarán os fundamentos teóricos da materia realizando un proxecto práctico en equipo. Os proxectos serán presentados e expostos publicamente por cada equipo en sesión presencial e plenaria. Só se calificará aos membros dos equipos que participen activamente tanto na elaboración do proxecto práctico como na presentación/exposición oral na aula na data e hora asignadas.

Controlarase aleatoriamente a asistencia presencial individual ás sesións interactivas.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes