Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 ASISTENCIA: 10% da nota final.

A asistencia ás sesións maxistrais, así como a clases prácticas, representarán o 10% da nota final. Tamén se valorará a asistencia en función da participación na clase (debate, pregunta, resposta, opinión razoada).
10
Proba de resposta múltiple B1 B5 B9 C6 C9 PROBA DE OPCIÓNS MÚLTIPLES: 50% da nota final.

Test ou proba de elección individual. Cada resposta incorrecta reducirá a puntuación final.
50
Presentación oral B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Os estudantes aplicarán os fundamentos teóricos da materia realizando un proxecto práctico en equipo.

O obxectivo do proxecto é que os estudantes aprendan a tomar decisións e a sopesar a repercusión que tales decisións xeran nun contexto de cadea de valor sostible, desde unha perspectiva de análise 360º, e para cada un dos eslabóns da cadea e a relación de stakeholders implicados.

Os proxectos (e os seus avances) serán presentados e expostos publicamente por cada equipo en sesión presencial e plenaria.

Só se cualificará aos membros do equipo que participen activamente tanto na elaboración do proxecto práctico como na presentación/exposición oral na aula.

40
 
Observacións avaliación
Avaliación 1a Oportunidade.

Para a avaliación da parte teórica recurrirase a un exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (50% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación para evitar o "efecto lotería". A fórmula é NOTA = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1), con k= numero de opcións de resposta. Os puntos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.

Dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia): no caso de alumn@s con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregaránse as plataformas Moodle e MS Teams, así como o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación.

O proceso de avalaición de 2a oportunidade é exactamente o mesmo que para a 1a oportunidade: gárdase a nota práctica (obtida nos traballos/proxectos) e @ alumn@ fará un novo exame tipo test, de idénticas características ás descritas anteriormente.

En caso de convocatoria extraordinaria, a avaliación será únicamente con exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación en base á formula PUNTOS NETOS = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1) con k= numero de opcións de resposta. Os puntos netos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.

Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado, non concorrese ás distintas actividades de avaliación (continua/practica e/ou exame/test) que se establezan para o curso académico.

PLAXIO/COPIA. A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na
correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes