Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Tecnoloxía: Tecidos e Materiais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 A13 A18 B1 B3 B9 C3 Entrega do informe de prácticas 20
Presentación oral B1 B2 B3 B4 C3 C8 C9 Exposición oral do traballo supervisado e resposta ás preguntas que se formulan 20
Proba mixta A9 A13 A18 B4 Inclúe preguntas sobre todo o tratado no curso (incluído o traballo supervisado presentado polos estudantes)
40
Traballos tutelados A9 A13 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B8 C3 C8 C9 Entrega do informe de traballo supervisado asignado 20
 
Observacións avaliación

A proba mixta poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos abordados en calquera das sesións, xa sexan teóricas, prácticas ou durante os debates que se produzan nas exposicións dos traballos. 

 Para superar a materia é necesario unha puntuación mínima de 4 (nunha escala de 0 a 10) na proba mixta. 

 O alumnado con exención académica terá que realizar a proba mixta e presentar un traballo previamente acordado cos profesores da materia. A avaliación será nun 60% a proba mixta e nun 40% o traballo tutelado. 

Os criterios de avaliación da 2a oportunidade son os mesmos que os da 1a oportunidade. Se o alumno non realizase o traballo proposto durante o curso, deberá presentar un traballo previamente consensuado cos profesores da materia. A avaliación será nun 60% a proba mixta e nun 40% o traballo tutelado. 

 Os criterios de valoración da convocatoria extraordinaria son os mesmos que os da 1a oportunidade. Se o alumno non realizase o traballo proposto durante o curso, deberá presentar un traballo previamente consensuado cos profesores da materia. A avaliación será nun 60% a proba mixta e nun 40% o traballo tutelado. 

 Cualificarase como Non Presentado en toda a materia en todos os casos que non concorran á proba mixta. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes