Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Grao en Xestión Industrial da Moda |
Asignaturas |
Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa | Código | 710G03026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Aprendizaxe colaborativa | Esta metodoloxía baséase no traballo en pequenos grupos, onde estudantes con diferentes niveis de habilidade usan unha variedade de actividades de aprendizaxe para mellorar a comprensión sobre a materia. |
Traballos tutelados | Os/as estudantes traballarán en equipo e deberán tomar decisións sobre aspectos como: estratexias, produtos, deseño, marca e posicionamento, políticas de prezos, canles, comunicación, contratación, custos, investimentos, financiamento, etc., e analizar os resultados das mesmas, froito da interacción dos diferentes equipos. Os/as estudantes participarán en titorías presenciais onde recibirán atención personalizada para a súa preparación, que requirirá traballo tutelado na aula e traballo autónomo fóra dela. A presentación das distintas fases da simulación empresarial será presencial e plenaria. |
Proba de resposta múltiple | Proba tipo test de resposta múltiple onde só unha opción é correcta e as respostas incorrectas penalizan. |
Presentación oral | Os equipos de estudantes farán presentacións sobre as decisións estratéxicas tomadas na simulación empresarial. |
Sesión maxistral | Na aula explicaranse as bases teóricas e conceptuais necesarias para realizar unha simulación empresarial na industria da moda. |
|