Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Esta metodoloxía baséase no traballo en pequenos grupos, onde estudantes con diferentes niveis de habilidade usan unha variedade de actividades de aprendizaxe para mellorar a comprensión sobre a materia.
Traballos tutelados Os/as estudantes traballarán en equipo e deberán tomar decisións sobre aspectos como: estratexias, produtos, deseño, marca e posicionamento, políticas de prezos, canles, comunicación, contratación, custos, investimentos, financiamento, etc., e analizar os resultados das mesmas, froito da interacción dos diferentes equipos.
Os/as estudantes participarán en titorías presenciais onde recibirán atención personalizada para a súa preparación, que requirirá traballo tutelado na aula e traballo autónomo fóra dela.
A presentación das distintas fases da simulación empresarial será presencial e plenaria.
Proba de resposta múltiple Proba tipo test de resposta múltiple onde só unha opción é correcta e as respostas incorrectas penalizan.
Presentación oral Os equipos de estudantes farán presentacións sobre as decisións estratéxicas tomadas na simulación empresarial.
Sesión maxistral Na aula explicaranse as bases teóricas e conceptuais necesarias para realizar unha simulación empresarial na industria da moda.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes