Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Taller 4: Planificación, Deseño e Xestión de Produto de Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Sesións de coordinación, presentación de profesionais e establecemento da planificación da materia (horarios, contidos, prácticas, etc.).
Sesión maxistral Os contidos do programa teórico da asignatura introdúcense en sesións participativas apoiadas en medios audiovisuais.

O profesorado supervisará a asistencia ás sesións: a asistencia regular é un requisito imprescindible no procedemento de avaliación que non pode ser compensado con outras actividades.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple con posibles erros penalizadores (formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta con varias opcións ou alternativas de resposta das que só unha de las é válida), de ensaio (preguntas de certa amplitude por escrito nas que se valora que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Traballos tutelados Traballos individuais e en grupo, onde se poñen en práctica e aplican os coñecementos teóricos adquiridos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes