Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Historia das Relacións Internacionais II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A3 A6 Exposición oral do contido do temario co apoio de TICs. 10
Proba obxectiva B3 B1 Exame teórico centrado no temario. 40
Traballos tutelados A10 B7 C4 Estudos sobre dúas temáticas levados a cabo co apoio de bibliografía especializada e cuxo valor será, respectivamente, dun 25% sobre o total da cualificación. 50
 
Observacións avaliación

Na
primeira convocatoria os alumnos haberán de asistir a clase para beneficiarse
da avaliación continua, que consiste na realización de traballos tutelados (50%
da nota final, que se corresponde cun 25% por cada traballo realizado). A
avaliación continua inclúe un exame de preguntas obxectivas (40% da nota
final). Haberá de acadarse polo menos un 5 neste exame para facer media coas
notas dos traballos tutelados, que haberá de ser como mínimo dun 5 en cada un deles (50% da nota
final). O restante 10% depende da asistencia e
participación activa nas sesións maxistrais.

Os
alumnos que decidan non presentarse á avaliación continua poderán presentarse
ao exame final en primeira convocatoria no horario e data previstos pola Xunta
de Facultade.

Os
alumnos que non superen a avaliación continua durante o curso, nin o exame da
primeira convocatoria, haberán de presentarse ao exame da segunda
convocatoria no horario e data previstos pola Xunta de facultade. O exame
consistirá nunha proba de preguntas obxectivas.

As
datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación serán os
sinalados no calendario de probas de avaliación aprobados pola Xunta de
Facultade para o curso 2023-2024.

As
cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da
Universidade con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado
matriculado.

Aos estudantes a tempo
parcial aplicaráselles o art. 7.3 da normativa de avaliación da UDC.















En caso de plaxio aplicarase o art. 14.4 da
normativa de avaliación da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes