Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Organizacións Internacionais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A4 A7 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B11 B1 B2 B3 B4 B5 C2 C7 Docencia expositiva e orientadora sobre os contidos do programa 1
Discusión dirixida A2 A1 A6 B2 B6 B7 B9 B11 B12 B14 B1 C7 Discusión e reflexión sobre temas de actualidade da Sociedade internacional 19
Estudo de casos A3 C4 C8 Casos prácticos para cuxa elaboración ou resolución o alumnado contará coas orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais 20
Proba de resposta breve A3 Contestación a preguntas tipo test 20
Proba obxectiva A1 A3 A6 B2 Desenvolvemento de cuestións baseadas en epígrafes do programa da materia 40
 
Observacións avaliación

Existen
dúas modalidades de avaliación: continua e global.



MODELO
DE AVALIACIÓN CONTINUA (1ª OPORTUNIDADE): Para superar a materia, o alumnado
deberá realizar ao longo do cuadrimestre dous cuestionarios tipo test, e
asistir e participar nas clases prácticas. Con estas probas, poderase alcanzar
un máximo de seis puntos. Requírese a asistencia a un 80% das clases prácticas.
Ademais, ao final do cuadrimestre, o alumnado realizará un exame escrito de
preguntas de desenvolvemento, que puntuará cun máximo de catro puntos. O nivel
mínimo esixido para a superación do exame final será de dous puntos. A cualificación
das probas de avaliación continua sumarase á do exame final soamente se no
exame final alcánzase unha nota igual ou superior a dous puntos.



MODELO
DE AVALIACIÓN GLOBAL (1ª OPORTUNIDADE): A avaliación do alumnado que non siga o
modelo de avaliación continua consistirá en dous partes: (1) a realización dun
exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que representará o 60% da
cualificación final da materia; e (2) a realización dun exame práctico que
consistirá nun cuestionario tipo test, que representará o 40% da cualificación
final da materia.



Polo
que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será
similar ao da primeira oportunidade.



Para
o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, a avaliación consistirá nun exame final sobre os
contidos da materia cuxa cualificación máxima será de dez puntos sobre dez.



A
realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de suspenso "0" na materia nas dúas
oportunidades de exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes