Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
 Asignaturas
  Degradación de Materiais Metálicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B13 B15 B14 B16 B6 C1 C3 C6 C7 C8 C9 C11 Realizarase un traballo en grupo cuxo título será proposto polos propios estudantes con obxecto de incentivar a súa creatividade e iniciativa. 35
Proba obxectiva B1 B2 B3 B4 B5 B13 B15 B14 B16 B6 C1 C7 C9 Realizarase unha serie de pequenos controis en horas de clases sobre a temática das últimas clases. 65
 
Observacións avaliación

O estudante só se debe presentar á proba obxectiva na data aprobada pola Xunta de Escola da EPEF se non superase a avaliación continua. Só deberá presentarse a aqueles controis do devandito exame que necesite para alcanzar a mínima nota global para aprobar a materia: 5.0

Na convocatoria de segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, as notas obtidas nos controis e traballo tutelado durante a avaliación continua conservaranse e só deberá presentarse a aqueles controis que necesite para alcanzar a mínima nota global para aprobar a materia: 5.0

O alumnado con dispensa académica estará exento de asistir ás sesións maxistrais e prácticas de laboratorio. A súa cualificación realizarase da seguinte maneira:

  • Traballo tutelado. Poderá presentarse en forma individual no canto de en grupo. O prazo de presentación será o mesmo que para o resto do alumnado.
  • Proba obxectiva. Deberá realizar o exame nas datas aprobadas pola Xunta de Escola da  EPS de Ferrol, as cales aparecen na páxina web da Escola.
No caso da convocatoria adiantada de decembro realizarase só unha proba obxectiva con preguntas de desenvolvemento sobre os contidos da materia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria. Como se indica no artigo 11 apartado 4b) do Regulamento Disciplinar do Estudantado da UDC o/a estudante obterá a "cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa calificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario."


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes