Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Subjects
  Biotechnological company audit
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Simulation A12 A19 A20 B1 B2 B3 B6 B9 B11 B14 C4 C7 O alumno enfróntase a un caso práctico (con máis de 10 desviacións), dispoñerá da documentación necesaria para a súa avaliación e tempo suficiente para o seu estudo. Realízase traballando en grupo, poñendo os achados en común e elevando unha única proposta de desviacións/non conformidades. Todos os alumnos terán a mesma cualificación. 30
Case study B4 B5 B7 B8 B9 B10 C4 C7 O alumno debe ser capaz de analizar unha serie de supostos, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.

Entrega e/ou exposición de traballos propostos.

Os traballos documentais que se realicen nesta materia non será necesario entregalos impresos. Entregaranse en formato virtual ou soporte informático a través de Moodle ou en arquivo adxunto ao correo designado para o efecto polo profesor/a.

A porcentaxe de cualificación repartirase equitativamente entre os profesores que fagan uso deste recurso.
30
Mixed objective/subjective test A12 A19 A20 B12 B13 B15 Exame tipo test con preguntas elaboradas por cada un dos profesor@s que imparten a materia. 40
 
Assessment comments

En 1ª oportunidade, para superar a materia, non poderá terse
unha nota inferior a 3,0 nalgunha das actividades enmarcadas na avaliación
global.

O alumno poderá
optar por unha avaliación continua que supoñerá realizar a simulación e o
estudo de casos xunto a unha pequena proba escrita, tipo test, a realizar o
último día de docencia que corresponda á finalización de cada unha das partes
da materia asignada a cada docente, co obxectivo de comprobar a asimilación dos
temas presentados. Se se opta pola avaliación continua, a proba escrita tipo
test consistirá en tres partes, cada unha delas achegará un 13,33% (total:
39,99%) á nota final.

En 2ª oportunidade, a avaliación comprenderá unha proba
mixta e unha práctica que englobará exercicios relacionados co estudo de casos
e a simulación. O alumno poderá optar por realizar aquela/s parte/s que teña con nota inferior a
3,0; a nova nota será o resultado do cálculo realizado coas novas notas obtidas

A avaliación será preferentemente continua, con todo, o estudante
poderase acoller a unha proba de avaliación global. A proba de avaliación
global consistirá nunha proba mixta e unha práctica que englobará exercicios
relacionados co estudo de casos e a simulación.

Os estudantes a tempo parcial que dispoñan de “Dispensa Académica” teñen garantido que a non asistencia a clase non afecta o seu proceso de avaliación. A "Dispensa Académica" non exime ao estudante a tempo parcial da participación en actividades obrigatorias presenciais enmarcadas na avaliación global da materia.

As datas oficiais de exames poden consultarse na páxina web: https://masterbiotecnologiaavanzada.com

A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes