Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Subjects
  Legal and ethical aspects in Biotechnology
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Directed discussion A18 A19 B1 B7 B9 B11 B15 C4 C7 En relación aos resultados de aprendizaxe que corresponden á
tipoloxía "facer", avalíase a capacidade de aplicar os
coñecementos adquiridos a un suposto práctico. En particular,
valórase o adecuado manexo das fontes de información e as
habilidades crítica e argumentativa.
40
Objective test A17 A18 A19 B1 B7 B11 B15 Exame final no que se valorará a conxunción de todos os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso 40
Seminar A17 A18 A19 B1 B7 B10 B11 B12 B15 C4 C7 Avaliarase a orixinalidade, a calidade expositiva, a análise crítica e a capacidade para o debate sobre o tema proposto. 20
 
Assessment comments

A puntuación da Discusión dirixida dependerá do número e da calidade das intervencións realizadas nas horas dedicadas a tal avaliación. A calidade avaliarase atendendo á corrección con que se presentan as ideas traballadas durante as sesións maxistrais, a consideración dos posibles argumentos xa estudados e a capacidade de ofrecer unha posición ben defendida.

As datas das probas obxectivas poden consultarse no seguinte enlace.

Terá prioridade para optar á matrícula de honra o alumnado que se presente á primeira convocatoria.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

Calquera estudante poderá optar por unha única proba global, en lugar da avaliación continua recollida no apartado anterior. Para isto, deberá comunicalo na data establecida a tal efecto polo decanato. Neste caso, o profesor da materia indicará as condicións desa proba global.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes