Dado que parte da bibliografía recomendada para esta materia atópase en inglés, e recomendable ter coñecementos desta lingua, polo menos, a nivel de comprensión de textos escritos. Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e
cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias
(2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte
informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.
Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria incorpórase a perspectiva de xénero nesta materia, polo
que deberás usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de diversos xéneros, propiciarase a intervención en clase de alumnos
e alumnas.... Ademais, traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Prestárase atención á detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. |