Para aprobar a materia o estudante debe acadar, como mínimo, a mitade da cualificación da proba mixta.
Considerarase NON PRESENTADO cando o estudante non realizase ningunha das actividades/metodoloxías propostas. As probas mixtas de cada unha das dúas oportunidades realizaranse de acordo ao calendario de exámes establecido pola coordinación do mestrado. Terán prioridade para optar á Matrícula de Honra aqueles alumnos que se presenten na primeira oportunidade.
Para os estudantes co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, o 50% da nota virá da proba mixta e o 50% restante da entrega do portafolios.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a aplicación da normativa vixente da UDC.
Os estudantes con matrícula a tempo parcial deben porse en
contacto cos profesores para concretar datas de entrega dos
informes de prácticas.
Para presentarse ó examen da segunda oportunidade será necesario ter entregado os 5 informes previamente.
Implicacións do PLAXIO na
cualificación: Aplicarase a normativa vixente.
A avaliación será preferentemente continua, non obstante, o estudante poderase acoller a
unha proba de avaliación global. A proba de avaliación global consistirá
nun exame escrito (40% da calificación) e a entrega de tres traballos,
un por as sesións das prácticas,
outro do portafolios (resolución de problemas do tema de estadística) e o terceiro sobre o debate virtual (consistente na elaboración de un resumen da lectura de varios artículos), cada un deles cun peso do 20% . Os traballos deberanse entregar na
fecha oficial do exame