1. A entrega dos traballos documentais realizaranse desta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/o soporte informático
b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2. A presentación e a defensa do proxecto de empresa é de obrigado cumprimento. Para superar a materia será imprescindible obter como mínimo un 4 sobre 10 tanto na memoria como na presentación do traballo. É obrigatorio que se entregue tanto na primeira como na segunda oportunidade unha memoria e se faga unha presentación do proxecto de empresa. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
5. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíqucias ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria Os coordinadores deste curso son: UDC: Profesora Mercedes Teijeiro UVigo: Profesor Pedro P Gallego |