Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para
axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co
punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os
traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarense/pedirense a entrega en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado, cando sexa posible. - Evitarase a impresión de borradores.
Incorporación da perspectiva de xénero - Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|