RECOMENDACIÓN DO PROGRAMA GREEN CAMPUS: para axudar a
conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da
“Declaración Ambiental de Facultade de Ciencias (2020)”, os traballos
documentais que se soliciten nesta materia:
(a) Solicitaranse mayoriatariamente en format virtual e soporte
informático. (b) De realizarse en papel:
-Non se empregarán plásticos
-Realizaranse impresións a dobre cara
-Empregarase papel reciclado
-Evitarase a realización de borradores. INCORPORACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO - Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade. - Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de
xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |