Para superar a
asignatura plantéxanse dous requisitos básicos:
-Asistencia regular a todas as actividades evaluables e alcanzar unha
calificación final de 5 puntos e a lo menos un mínimo de 4 puntos en cada unha
das actividades evaluables. No caso de non acadar dita puntuación mínima
nalgunha delas, e aínda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a
asignatura figurará como suspensa (4.5).
De non haber ningún
evento científico e/ou divulgativo programado no período docente a porcentaxe
de avaliación correspondente será asignada á proba mixta.
O alumno terá a calificación de Non Presentado cando realice menos dun 25% das
actividades académicas programadas, e non realice a proba mixta.
As cualificacións da asistencia as sesión maxistrais,
das prácticas de laboratorio e dos eventos científicos e/ou divulgativos (se os
houbese) manteranse na segunda oportunidade. Mentres que a cualificación da
proba mixta da segunda oportunidad substituirá a obtida na proba mixta da primeira.
Os alumnos avaliados na segunda oportunidad só poderán optar a matrícula de
honra si o número máximo déstas para o correspondiente curso non se cubriu na
sua totalidade na primeira oportunidade.
Para os estudantes con dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
no caso de que o estudante non puidera realizar todas as probas de avaliación
continua, o profesor adoptará as medidas oportunas para non prexudicar a súa
cualificación.
O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a
avaliación, refírese a un curso académico completo e, por tanto, volverá
comezar cun novo curso académico, incluídas todas as actividades e
procedementos de avaliación que se programen para devandito curso.
A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación será penalizada tendo en conta o establecido na
normativa.