A asistencia a clases é obrigatoria. Os/as alumn@s repetidores terán o mesmo réxime de asistencia que os que cursan a materia por primeira vez.
A asistencia a un 80% das actividades presenciais é un requisito para aprobar a materia.
A avaliación da materia faráse mediante un exame final (65%) e a avaliación da asistencia, participación, resolución de problemas/casos prácticos, exposicións orais e avaliación continua do alumno en clase (35%) segundo especifícase no seguinte apartado.
Os alumnos que non superen a materia poderán realizar un exame extraordinario, e a avaliación realizarase seguindo os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
Os/as alumn@s en réxime de estudos a tempo parcial por traballo ou por motivos xustificados terán que falar co profesor na primera semana de curso para sustituir o réxime presencial por outro tipo de actividades calificables. Estas actividades se indicaran nun plan individual de traballo que se entregará ao alumno.
Recomendacións para á avaliación: O/a alumn@ debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e os resumos. É fundamental traballar a materia de forma constante, mantendo o estudo da mesma " a o día". Aqueles alumn@s que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de tutoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver as dicir dificultades.
O/a profesor@ analizará con aqueles alumn@s que non superen con éxito o proceso de avaliación na convocatoria ordinaria, e así o desexen, as dificultades atopadas na aprendizaxe dos contidos da materia. Tamén lles proporcionará material adicional (cuestións, exercicios, exames, etc.) para reforzar a aprendizaxe da materia.
No caso de cirscunstancias excepcionais, obxetivables e adecuadamente xustificadas, o Profesorado Responsible podría eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concurrir ao proceso de evaluación continuada. O alumnado que se atope nesta cirscunstancia deberá superar un examen específico que non deixe dudas sobre a consecución das competencias propias da materia.
A realización fraudulenta de algún exercicio ou proba do/a alumn@ para a evaluación da materia estará suxeta a responsabilidades disciplinarias, conforme se recolle nas Normas de Evaluación, Revisión e Reclamación das Cualificacións de Grao e Mestrado Universitario (Artigo 11) e no Estatuto do Estudiantado da UDC (Artigo 35, punto 3): "Calificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta: o/a estudiante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, se procederá a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade se fose necesario"