A calificación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. Para o acceso o exame é necesaria a participación no 80% das actividades de ensino de asistencia obrigatoria (clases, seminarios e tutorías).
Avaliación continua (N1) vai pesar un 40% na nota do curso e consiste en dous compoñentes: clases interactivas en grupo pequeno (seminarios) e clases interactivas en grupos moi pequenos (titorías). Seminarios e titorías incluirán a resolución de problemas e casos prácticos (35%), preguntas orais e problemas durante o curso (5%). O exame final (N2) vai cubrir a totalidade do contido da materia e terá un valor do 60%
A puntuación do alumno será obtida como resultado da aplicación da seguinte fórmula: nota final = 0.40 x N1 + 0.60 x N2
N1 corresponde á avaliación continua (escala de 0-10) e N2 ao exame final (escala de 0-10). Para aprobar a materia será requisito imprescindible ter unha nota mínima de 4 no exame final.
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial serán avaliados cos criterios expostos anteriormente.
Os estudantes con dispensa académica están exentos da asistencia aos seminarios e titorías (40% da cualificación global) e serán avaliados únicamente mediante a proba mixta, tanto na primeira como na segunda oportunidade, que supondrá o 100% da cualificación global.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.