Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Bioloxía |
Asignaturas |
Xenética |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Xenética | Código | 610G02019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | B1 B2 B3 B8 B9 | Na proba mixta valorarase o dominio e comprensión de conceptos teóricos, redacción e ortografía, capacidade de relacionar e integrar a información xenética tratada nas clases de teoría e seminarios, e capacidade de resolver cuestións e problemas. |
80 |
Prácticas de laboratorio | A2 A4 A11 A12 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 | O coñecemento e comprensión sobre o significado das tarefas realizadas e a interpretación dos resultados obtidos hanse valorar mediante unha proba escrita. PARA SUPERAR A MATERIA É OBRIGATORIO ASISTIR A TODAS AS PRÁCTICAS E APROBAR A PROBA CORRESPONDENTE na que, coma nas outras actividades avaliables, teranse tamén en conta a redacción e ortografía do texto presentado. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia cómpre acadar o 50% (5 sobre 10) da puntuación correspondente ás prácticas e o 50% (5 sobre 10) da puntuación da proba mixta (exame final). A proba mixta avaliará o coñecemento dos fundamentos teóricos traballados na materia e a resolución de problemas. A nota final en actas do alumnado que no acadase os mínimos establecidos nunha das partes será a do exame que estivese suspenso. O alumnado con cualificación entre 4,5 e 4,9 en prácticas pode optar a aprobar sempre que a cualificación da proba mixta sexa 5 ou superior e a cualificación final acumulativa sexa igual ou superior a 5. O alumnado con cualificación entre 4,5 e 4,9 na proba mixta pode optar a aprobar sempre que a cualificación de prácticas sexa de 5 ou superior e a cualificación final acumulativa sexa igual ou superior a 5. Neste caso, aínda que a puntuación acumulativa fose superior ao 5 sobre 10, a cualificación en acta será de 5,0. As cualificacións de prácticas aprobadas gardaranse entre a primeira e segunda oportunidade, así como para as dúas oportunidades do seguinte curso académico. Por exemplo, se unha persoa aproba prácticas na 1ª oportunidade do curso 2022/23, a última oportunidade na que se lle gardaría ese aprobado en prácticas sería a segunda (xullo) do curso 2023/24. Se a persoa aproba prácticas na 2ª oportunidade do curso 2022/23, a última oportunidade na que se lle gardaría ese aprobado en prácticas sería igualmente a segunda (xullo) do curso 2023/24. Gardaranse as cualificacións de 5 ou superior en proba mixta entre a primera e a segunda oportunidade do mesmo curso académico, pero en ningún caso entre cursos académicos. Considerarase PRESENTADO ao alumnado que realice a proba mixta e/ou o exame de prácticas. No caso de Os A realización fraudulenta das probas de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso na materia, de acordo coa normativa da nosa universidade. |
|