Sesión maxistral |
Profesor/a.- Explica os fundamentos teóricos da materia.
Alumno/a.- Observa, asimila e toma notas. Formula dúbidas e cuestións. Memoriza. Le os textos recomendados. Resolve exercicios complementarios. |
Prácticas a través de TIC |
Profesor/a. - Presenta os obxectivos, prepara o material e o equipo, expón os métodos, proporciona un guión, asiste aos alumnos.
Alumno/a. - Experimenta coas ferramentas bioinformáticas, analiza datos e elabora unha memoria. |
Seminario |
Profesor/a.- Presenta o tema desde unha perspectiva histórica. Distribúe aos alumnos e alumnas en grupos de traballo. Avalúa.
Alumno/a.- Toma notas. Le os textos recomendados. Se organiza cos outros membros do seu grupo de traballo. Elabora unha presentación con diapositivas. Memoriza. Fai unha presentación oral do tema que se lle asigne. |
Proba obxectiva |
Corresponde ao exame oficial da materia.
Profesor/a. - Prepara un exame escrito, con exercicios de cálculo e preguntas de resposta múltiple. Valora as respostas dos alumnos.
Alumno/a. - Responde ás preguntas de maneira individual e sincrónica, sen apoio externo de ningún tipo. |