-Recoméndase
traballar na materia de xeito regular ó longo do cuatrimestre, e facer uso da
bibliografía recomendada -Dada
a carga de traballo do terceiro curso do Grao en Bioloxía, recoméndase ós
estudantes que rematen os proxectos o antes posible.
-Os estudantes deberían
acudir a titorías cos profesores para tratar as dúbidas xurdidas nas distintas
actividades, especialmente no referido ós casos prácticos e ós proxectos de
aprendizaxe-servizo. Programa Green Campus da Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. Perspectiva de xénero Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |