Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Ecoloxía II: Poboacions e comunidades
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química/610G02001
Matemáticas/610G02003
Estatística/610G02005
Xeografía física/610G02006
Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas/610G02039

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xenética de poboacións e evolución/610G02021
Fisioloxía Animal II/610G02036

Materias que continúan o temario
Ecoloxía humana/610G02041
Ecotoxicoloxía/610G02042
Análise de datos en Bioloxía/610G02044

Observacións

Prímase a comprensión sobre a memorización.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes