Perspectiva de xénero
Tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4),
fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e
respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade
de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou
condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no
desenvolvemento das sesións. Traballarase para identificar e modificar
prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos
e fomentar valores de respecto e igualdade. |