Perspectiva de Xénero Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. Programa Green Campus Facultade de
Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da
Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen
nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en
formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara - Empregarase papel reciclado - Evitarase a realización de borradores |