Nas probas obxectivas poderanse esixir cualificacións mínimas.
Aquel alumnado que teña participación na avaliación en cantidade igual ou superior ao 20% da cualificación e non se presente ao exame final, será cualificado como suspenso.
Na avaliación adiantada e na segunda oportunidade mantéñense os criterios da primeira oportunidade.
Na avaliación continua da materia será
requisito para ser avaliado a participación
activa nas actividades de avaliación e nas actividades
organizadas polos coordinadores da materia e do Mestrado.
A cualificación de non presentado
corresponde ao estudante, cando só participa en actividades de avaliación
que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final,
independentemente da cualificación acadada.
Estudantes con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: as datas de avaliación deben acordarse co profesorado, agás as datas oficiais aprobadas na Xunta de Facultade para a
proba obxectiva final.
Aquel alumnado que realice prácticas fraudulentas (copiar, plaxiar, ...) aplicaraselle a seguinte normativa:
b) Calificación de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta na materia na que se cometa: ao estududante corresponderalle unha cualificación de “suspenso” (nota numérica de
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a cualificación na acta da primeira oportunidade, se
fose necesario.