Proba de resposta múltiple |
A21 A22 A23 B15 B18 B24 B25 |
As probas de resposta múltiple divídense en:
- Probas ao longo do curso (cualificación 20%)
- Proba final da materia (cualificación 40%) |
60 |
Avaliacións nas diferentes convocatorias - As cualificacións finais, tanto da primeira como da segunda oportunidade, dependerán da avaliación continua (40%, entre traballo e probas ao longo do curso) e do exame final oficial (60%).
- Na avaliación continua da asignatura, será requisito indispensable avaliar a asistencia regular ás clases, e a participación activa e aproveitamento das sesións e actividades organizadas polos coordinadores da asignatura e o Máster.
Estes criterios de avaliación son os mesmos para os alumnos matriculados en réxime de dedicación a tempo completo, como para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial. A calificación de "non presentado" aplicarase ao alumnado que participa nas actividades de avaliación cun peso inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación obtida. A oportunidade adiantada será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100% da calificación final. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|