Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Subjects
  Information Systems
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A10 B2 B5 B8 B10 B12 B13 B25 B26 B27 B28 A solución dos problemas expostos polo profesorado para a súa solución por parte do alumnado, serán obxecto dunha avaliación continua nos termos fixados para cada un deles no momento da súa formulación.
50
Mixed objective/subjective test A11 B2 B5 B12 B22 B24 B25 B26 B27 Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.

É un exame seguindo os criterios expostos nas metodoloxías.
50
 
Assessment comments

A)   NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.    Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

2.    Identificación do alumnado: Cando sexa requirido, deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

3. Requisitos mínimos de asistencia: Para que a parte de "Solución de problemas" sexa cualificada, será necesario asistir a un mínimo  dos 80% das sesións presenciais e demostrar participación activa nelas.

B)   TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

 1.    Cualificación de non presentado: Corresponde co caso no que só se participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior aos 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

 2.    Recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: O alumnado  con recoñecemento de dedicación a tempo parcial será avaliado cos mesmos criterios que o alumando a tempo completo.

 C)   OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1.    Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.

2.    Segunda oportunidade: Manteranse as cualificacións obtidas na metodoloxía "Solución de problemas" realizadas no presente curso académico. Realizarase unha proba mixta que comprenda os mesmos contidos incluídos na primeira oportunidade.

3.    Convocatoria adiantada: Será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá os 100% da cualificación final,  que comprenda todos os contidos e competencias da materia.

D) FRAUDE E RESPONSABILIDADE DISCIPLINARIA:

Con carácter xeral, aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario" da UDC. En particular, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes