Avaliación Segunda Oportunidade e Convocatoria Extraordinaria: O sistema de avaliación
aplicado na primeira oportunidade manterase para a segunda oportunidadade e a convocatoria extraordinaria.
A segunda oportunidade e a convocatoria extraordinaria permitirán que o estudante que non presentase de forma completa e correcta o proxecto na primeira oportunidade poda facelo con posterioridade. Asemade, hai a posibilidade de que o estudante poda presentar un proxecto diferente ao do seu grupo se existe unha causa xustificada.
Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e
o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de
contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un
calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a
mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba
de avaliación que o alumnado a tempo completo.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario.