Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán de aplicación os mesmos criterios que para o resto do alumnado.
Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto a primeira, coma para a segunda oportunidade e a convocatoria extraordinaria.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.